15 dic 2011

QUEREMOS:

  1. Contar coa colaboración de toda a xente que convive no instituto
  2. Divertirnos e aprender na compañía da nosa lingua
  3. Apoiar o multilingüismo
ELIXO O VERDE

PROGRAMACIÓN DA ACTIVIDADE:
CAMPAÑA DE LIMPEZA (EDLG)

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra internacionalmente cada 5 de xuño propoñemos a realización dunha CAMPAÑA DE LIMPEZA no Instituto e a vila da Laracha.
As actividades  da campaña vanse desenvolver  dende o 9 de  xaneiro  ata o 5 de xuño de 2012 , Día Mundial do Medio Ambiente.
Queremos contar coa colaboración do Concello e dos Centros educativos da vila.

Os nosos OBXECTIVOS* son:

-         Asociar os comportamentos cívicos e a protección do medio ambiente.
-         Concienciar  as nosas alumnas e  alumnos da importancia de manter bos hábitos de limpeza e  coidado das instalacións e espazos naturais do IES  e a súa  repercusión sobre a calidade de vida das persoas que habitan o Centro Educativo.
-         Mellorar os hábitos de limpeza e conservación  das instalacións, infraestruturas e espazos naturais do  instituto   e da vila.

*Para conseguir estes obxectivos é  moi importante a participación do alumnado, profesorado, familias, así como a colaboración do Concello  no desenvolvemento da campaña.

DESTINATARIOS: toda a comunidade educativa.

O traballo con fichas de observación vai dirixido aos alumnos de primeiro ciclo (1º e 2º de ESO). As actividades con modalidade concurso van dirixidas a todos os nives.
As actividades realizadas fóra do IES como charlas e excursión van dirixidas a os grupos da ESO (de 1º a 4º).

EXEMPLOS de ACTIVIDADES:

Os rapaces e as rapazas do IES participarán no proxecto, a través das seguintes actividades:
-    Observación e análise dos espazos públicos do Centro e da vila.
-         Deseño de carteis e pancartas promovendo a limpeza e o coidado das nosas instalacións e as da vila e os espazos naturais (Pode ter o formato dun concurso).
-         Asistencia a charlas de formación relacionadas co coidado do noso medio.
-         Excursións e realización de actividades relacionadas co proxecto, por exemplo: limpeza de diferentes lugares: no IES, na vila, nos parques,  na praia, no paseo fluvial e outros lugares de lecer.


DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES NO CENTRO EDUCATIVO


-         ACTIVIDADE 1 (9- 30 DE XANEIRO):
 Como actividade previa, as limpadoras deixarán unha zona do centro sen limpar (poden ser os corredores da entrada onde soen estar as alumnas e os alumnos durante os recreos). Acompañando esta acción, colocaranse nos taboleiros  da entrada unhas follas de carballo de cartolina verde con diferentes iniciais (Reciclar, Reutilizar, Coidar, Apagar luces, Colocar as cadeiras,  …)
-          11 de xaneiro (3 días despois) colocaranse nas follas de carballo o resto das letras de cada palabra das que anteriormente só se puxeran as iniciais
-         semana do  16 ao 30 de xaneiro:  O traballo de análise do tema da limpeza no Centro continuará nas aulas, nas titorías. As titoras e os titores dirixen a actividade. Consistirá en:

Observación do estado das distintas instalación do IES.
1ª sesión: (do 16 ao 23 de xaneiro)

Entrega das fichas de análise. (ANEXOS: fichas 1, 2 e 3)
§  As alumnas e os alumnos guiados polo profesorado, farán una observación da aula, os corredores e o espazo exterior, cubrindo as 3 fichas que se requiren, unha para cada espazo.
§  De volta á aula farase unha posta en común da información recollida nas fichas. A reflexión co grupo pode xirar en torno a preguntas como:

§  De quen depende a limpeza do centro? Que formas temos de conservar a limpeza? De quen é a responsabilidade? Formas que temos de manter o centro limpo.
      §  Animarase ao alumnado a  observar o IES  (no aspecto da limpeza) nos próximos días, tendo en conta as diferentes horas dun día normal de clase (cando entran no IES, nos recreos, á hora de saír).

       ACTIVIDADE 2: CONCURSO
-          Proponse a elaboración e realización de murais e carteis promovendo os hábitos de limpeza e sustentabilidade no centro: usar as papeleiras, apagar as luces antes de saír, coidar das instalacións e o mobiliario,   etc.
CONCURSO:
                Lema: Elixo o VERDE.

            BASES DO CONCURSO
             O concurso terá dúas modalidades: murais e carteis.
            TEMPORALIZACIÓN: 6 febreiro a 13 abril.

Modalidade 1: Mural

BASES DO CONCURSO DE MURAIS:

-         Pode participar todo o alumnado do IES Agra de Leborís de forma individual ou grupal.
-         Non poderá participar máis dun grupo por aula.
-         As medidas do mural serán 1m x 1’50 m (aprox)
-         Temática: estará relacionada co lema da campaña.
-         Haberá dúas fases no proceso de selección:

§  1ª fase: votación popular, na que poderá participar toda a comunidade escolar.
   §  2ª fase: de entre os seis traballos máis votados, o xurado escollerá tres. (O xurado estará formado polo EDLG: alumnado, persoal non docente e profesorado).
    
-         Valorarase:
§  A creatividade e orixinalidade dos carteis
§  A calidade artística.
§  A eficacia da mensaxe e a súa capacidade de persuasión/sedución (Unha mensaxe breve, clara e inxeniosa, é máis eficaz)

-         O mural gañador será editado para colocar de forma permanente nalgunha das paredes  do IES.
-         A ANPA poderá colaborar na elaboración da pancarta gañadora.
-         Os traballos serán entregados na Vicedirección do Centro entre o 6 de febreiro e o 23 de marzo, ambos os dous inclusive, deberán incluír nun sobre pechado o nome ou nomes do alumnado participante e o grupo ao que pertencen.
-         Durante a semana do 26 ao 30 de marzo terá lugar a votación popular.
-         O fallo do xurado farase público o día 18 de abril. A partires dese día realizaranse os traballos de imprenta para poder publicar os traballos gañadores.

  Modalidade 2: Cartel
BASES DO CONCURSO DE CARTEIS:

-         Pode participar todo o alumnado do IES Agra de Leborís de forma individual ou grupal.
-         As medidas do cartel serán de DINA4.
-         A finalidade dos carteis será:


Animar o alumnado a coidar o medio ambiente: clasificando residuos (medicamentos, pilas, móbiles…), reducindo a produción de lixo, apagando as luces ao saír… 
§  Animar o alumnado a coidar o entorno: colocando as cadeiras enriba das mesas a última hora, coidando o mobiliario, os ordenadores, estintores...
§  Animar a reutilizar ou reciclar: botando o lixo nas papeleiras ou contedores, o papel nas caixas de reciclaxe…


-         Haberá as tres temáticas mencionadas no apartado anterior.
-         Seleccionaranse tres carteis, un por cada temática.
-         Cada participante poderá presentarse ao concurso cun único cartel, escollendo a temática que queira.
-         Unha mesma persoa pode participar na modalidade Mural e na modalidade cartel ao mesmo tempo.
-         Haberá dúas fases no proceso de selección:

§  1ª fase: votación popular, na que poderá participar toda a comunidade escolar.
§  2ª fase: de entre os seis traballos máis votados, o xurado escollerá tres. (O xurado estará formado polo EDLG: alumnado, persoal non docente e profesorado).

-         Valorarase:
§  A creatividade e orixinalidade dos carteis
§  A calidade artística.
§  A eficacia da mensaxe e a súa capacidade de persuasión/sedución (Unha mensaxe breve, clara e inxeniosa, é máis eficaz)
-         Os carteis gañadores serán editados para colocar de forma permanente en todas as aulas do IES.
-         A ANPA poderá colaborar na edición dos carteis.
-         Os traballos serán entregados na Vicedirección do Centro entre o 6 de febreiro e o 23 de marzo, ambos os dous inclusive, deberán incluír nun sobre pechado o nome ou nomes do alumnado participante e o grupo ao que pertencen.
-         Durante a semana do 26 ao 30 de marzo terá lugar a votación popular.
-         O fallo do xurado farase público o día 18 de abril. A partires dese día realizaranse os traballos de imprenta para poder publicar os traballos gañadores.


ACTIVIDADE 3: Colocación de papeleiras e carteis.
Ao longo dos meses de febreiro e marzo realizarase o labor de reubicación, colocación de papeleiras, pegadas no chan… no IES, tanto no patio coma nos corredores.

Despois do 18 de abril, e unha vez realizados os traballos de imprenta terá lugar a  colocación de carteis informativos en cada aula: animando a botar os papeis na papeleira, a reciclar o reciclable, a colocar as cadeiras nas mesas e a apagar as luces cando saiamos de clase... (Esta actividade será realizada polo equipo EDLG e o equipo directivo do Centro.)


ACTIVIDADES FÓRA DO CENTRO EDUCATIVO
ACTIVIDADE 4: investigando pola vila e reflexionando
1ª sesión de titoría (con profesorado de apoio): (semanas do 23 ao 30 de xaneiro).

§   Realizar un paseo pola vila, co grupo dividido en dous (acompañados de titor/a e profesor/a de apoio respectivamente) coa finalidade de facer conscientes ao alumnado de todos os bens públicos da vila e da necesidade de coidar e valolarlos.
§  Cada grupo deberá cubrir a correspondente ficha (Anexos: ficha 4).

2ª sesión de titoría (na aula):
§   Farase unha posta en común de todas as fichas.

ACTIVIDADE 5: Charla-coloquio por persoal do Concello.
Unha persoa do concello explicará ao alumnado como se organiza a limpeza da vila.

§  Contidos da charla: (orientativo)
·         Orzamento do Concello para a limpeza da vila.
·         Persoal que se ocupa da limpeza da vila.
·         Tipos de limpeza que se realizan.
·         Medios técnicos
·         Implicación do Concello na reciclaxe…
-         ACTIVIDADE 6: Charla sobre medioambiente a cargo de Allen Matthew Haga en inglés e galego.

-         ACTIVIDADE 7: Charla sobre urbanismo sostible. (Podería convidarse a alguén do Colexio de Arquitectos, do Proxecto Terra.)

-         ACTIVIDADE 8: Charla sobre reciclaxe.
NOTA: As actividades 5, 6, 7 e 8 realizaranse entre os meses de febreiro, marzo e abril. As datas exactas comunicaranse o antes posible.

-         ACTIVIDADE 9: 5 DE XUÑO
§  SAÍDA EXCURSIÓN: Participación nunha xornada de convivencia na Praia con diversos tipos de actividades (deportivas e relacionadas co medioambiente) (esta actividade debe diseñarse posteriormente, contando coa participación do alumnado), con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. ( ou Gabenlle- Caión).

                                ANEXOS

FICHA TIPO:

OBSERVACIÓN DA LIMPEZA  E COIDADO DA AULA                 
                                                    Aula do grupo:


Elementos
Valoración

Limpo
e coidado
Algo
descoidado
Moi Descoidado
Paredes



Chan



Teito



Cortiza



Encerado



Mesas  e cadeiras



Estanterías



Ventás



Porta



Luces



Papeleiras



Outras observacións: